Vouvos falar de maxia, de historias que moitas veces quedan nos pobos, de tradicións que foron esquecidas e de festividades que honran a natureza como elemento máxico e sustentador das civilizacións.
Cada estación está marcada polo paso da vida a través do tempo. Abríndose camiño e deixando ao seu paso milleiros de cousas bonitas que fan as delicias de todos os que habitamos esta terra. Este colar que tendes hoxe ven representar ese transcurso a través do seu nome como unha tradición perdida; das súas follas como os milleiros de individuos que pasaron pola terriña; e as súas cores como sinal innegable do que o tempo transmuta.
Este colar ten o nome de MABON en homenaxe ao sabbat do equinoccio de outono. A peza é unha sólida representación das follas de castiñeiros secas da luz que lles deu o verán. Nesta festividade celébrase a abundancia da terra recollendo todo o que foi sementado na primavera. É o inicio dunha época de misterio e equilibrio. Cando se inicia o período escuro do ano.
Como bós galegos somos coñecedores dos celtas, antepasados de gran sabedoría, que seguían esta tradición. Documentadas moitas das súas tradicións e festas como esta. Sinal de que median o paso do tempo a través da roda do ano, representando así o carácter cíclico das estación. Dividido en oito festividades chamadas sabbats.
Evolución da vida. Morte e renacemento. Dualidade entre a luz e a escuridade.
A árbore escollida para esta representación é o castiñeiro, coa firme intención de representar a Galicia e as persoas que nela viven ou viviron. As xeracións. Non só é importante por ser a árbore que máis hai na nosa terra; senón que é importante historicamente polo seu froito, a castaña. Durante moitos séculos, na península ibérica non existía a pataca, polo que o seu uso era o de acompañamento coa comida en tódalas súas formas: asadas, cocidas, como pan, etc..
Foi entón escollida a folla como a indiscutible representante de todas as persoas que durante séculos camiñaron a través de soutos centenarios que asemellaban durmir co fin do estío e a chegada do frío. Recollendo castañas entre as follas de cores cálidos coma quen recolle soños. Buscando unha nova promesa co cambio de estación. Renacendo no sono dos soutos.
O tempo non é en van para ninguén. E para poder renacer primeiro é necesario deixar morrer o vello. Coa chegada do outono as árbores vanse espindo pouco a pouco pero non sen antes por as súas mellores galas. Mudan a cor das follas e atrapan unha luz diferente.
A pesar de chegar o frío tornan en cores cálidas coas que podemos asociar coma se asemellan ás persoas que saben xa cumpriron o seu propósito nesta terra. Que a miran con bondade e amor tratando de deixar unha pegada máis amable acolledora.
Neste colar atoparedes esas cores en tons metalizados co afán de transmitir esa luz e ese brillo que teñen as follas en outubro e as persoas no seu outono.
É unha peza cargada de simbolismo e delicadeza, como a que teñen unhas follas secas.
Con inspiración no noso e coa intención de transmitilo.
Un colar que se chamou MABON en honor aos celtas.
Entérate de todas nuestras ofertas y promociones.
Comentarios Noticia
Nadie ha publicado todavía ningún comentario. Sé el primero en publicarlo.Deja tu comentario