BACO
A pesar do noso amor polas tribus galaicas que nos precederon, os romanos deixáronnos moitas cousas aos galegos: calzadas e trazado urbano, calendario co que medir o paso do tempo, leis que faciliten a convivencia en civilización: política e cultura.
En sen dúbida o máis importante foron as ensinanzas a través das lendas vinculadas cos deuses. As que falan do compromiso, o amor, a importancia da natureza e da cultura. Xúpiter, Neptuno, Venus, Minerva, ceres e Diana... Nesta ocasión homenaxeamos a través desta peza, e como o seu no me indica ao deus BACO.
Criado por ninfas, Baco aprendeu a arte de amar a natureza e de cultivar a vide e elaborar viño. Adica a súa vida inmortal ó hedonismo: desfrutar dos praceres que trae unha vida natural e “orgánica” Lonxe do frenesí que agora nos ocupa como sociedade. El foi o que introduciu no noso mundo a viticultura e polo tanto o viño. Elemento en ocasións central nos nosos festexos como no magosto, que acompaña a castaña cando a vendima está rematada ou por terminar. Da inicio a fase de repouso do proceso no que a uva fermenta para pasar de zume a viño.
Este é un elemento transversal na historia humana xa que desde o seu descubrimento utilizouse para honrar familias, pechar tratos, servir como menciña e aséptico ou simular o sangue de Cristo en actos relixiosos.
Baco, deus do viño, é representado pola vide e del dícese que o seu sangue en realidade no era tal, se non o mesmo viño.
O colar, na súa forma, é unha representación de acios de uvas dispostos ao redor do colo. Forman un círculo que asemella os das mesas redondas nas que as persoas comparten e todos son igual de importantes. Mentres, os acios en si, son a representación da unión das persoas, dos grupos ós que pertencemos e con que nos sentimos acollidos, amados e escoitados.
En canto ás uvas, na antiga Roma se lles atribuían propiedades máxicas e medicinais, pero tamén a capacidade de inspirar creatividade e éxtase a través do seu derivado, o viño. Foron escollidas como elemento central por dous motivos:
- O primeiro representar a unión das persoas co paso do tempo, como se manteñen xuntas nas súas dificultades e se apoian as unhas nas outras. Coma un acio.
- E por outro lado polo seu gran valor cultural. Na menciña romana non solo se utilizaba como aséptico, tamén eran un remedio “eficaz” contra moitos males que pasaban dende veleno de fungos ata o propio acto de facerse vello. Chegaron a ser utilizadas como moeda de cambio para mercar.
Finalmente, cando chegaron a Europa convertéronse no importante elemento de cociña que son hoxe en moitas culturas. Cotizábanse tantos que moitos dos países de centroeuropa quixeron cultivalas (con pouco éxito). Quedando polo tanto como alimento de luxo para as ocasións especiais. Para os festexos.
Festexar é, polo tanto un dos pilares de esta peza que vai ligada ao deus da festa.
Atendendo as cores, tres foron as elixidas:
- Dourado, representando o gran valor de este alimento. Fenicios, armenios, gregos e romanos, comerciaban con este produto. Estes dous últimos as utilizaban como tributo os deuses e como premio en competicións deportivas.
- Marrón irisado, asemellando as uvas pasas.
- Beis, polo seu significado espiritual de harmonía e paz.